Arraianos

Arraianos é a nova produción de Sondeseu Orquestra Folk para o verán de 2018. Arraianos conforma unha explosión de forza e enerxía interpretativa sustentada na contundencia do son propio da agrupación que incorpora a colaboración de tres dos artistas máis virtuosos da escena folk ibérica do momento. Xunto con Vanesa Muelas, Xuacu Amieva e Luis Peixoto, os mestres de Sondeseu, Begoña Riobó, Javier Feijoo Xisco, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquín Xesteira e Rodrigo Romani, Arraianos representa sen dúbida o espectáculo con maior entidade artística na actualidade, brillante na súa execución e liña argumental, cheo de cór e excelencia musical.
Arraianos ilustra nun poderosísimo espazo sonoro as influenzas que de xeito recíproco alimentan a expresión da música popular nos imaxinarios límites xeográficos da cultura galega que desaparecen por arte da maxia e da música fundíndose nun discurso novo, rebosante de alegría e bo facer e acadando cotas instrumentísticas dificilmente atopables nun único espectáculo. Os mellores ritmos e melodías populares de Castela e León, Asturias e Portugal emerxen coa linguaxe orquestral de Sondeseu e convertense nunha auténtica festa da cultura da Península Ibérica que traspasa os límites e impón unha nova xerografía sonora onde nada é o que parece.