Actualidade

Os días 22 de outubro e o 5 de novembro terán lugar no Auditorio Municipal de Vigo ás  20:00 hrs. sendos  concertos da Orquestra Folk SonDeSeu baixo o formato de ENSEMBLE DOS MESTRES.
Patrocinado polo Concello de Vigo, o Ensemble de mestres da Orquestra Folk SonDeSeu ofrecerá un percorrido histórico e presente pola xeografía sonora dos barrios e parroquias da cidade con parada nas músicas e músicos tradicionais máis sobranceiros.
A entrada será libre e de balde ata completar aforo.