
SonDeSeu festexa 20 anos de transformacion orquestral da música de tradición oral cunha xira de concertos por Galicia na primavera. A orquestra creada no antigo Departamento de Música Tadicional da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, actual Etrad, conmemora sobre o escenario dúas décadas de promoción e evolución do folclore galego con catro actuacións especiais en formato acústico a celebrar en Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela.