Relatorio de Anxo Pintos sobre o proxecto SonDeSeu-ETRAD

O presidente da Fundación Sondeseu intervirá no Vira Fest de Paredes de Coura

O sábado 23 de marzo, desde as 11:15 da mañá (horario local) o Vira Fest de Paredes de Coura acollerá un relatorio do presidente da Fundación Sondeseu, Anxo Pintos, no encontro que a Associaçao Cultural Rock’n’Cave organiza cada ano sobre proxectos de educación musical. A intervención de Anxo Pintos, que tamén é coordinador da sección de zanfona de SonDeSeu OFG e mestre de zanfona da ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional, versará sobre as características do ensino da música patrimonial na ETRAD, sobre a traxectoria e singularidades dunha formación folk nacida nas aulas dunha escola de música, e sobre a particular simbiose entre ambas institucións. O Vira Fest, que se celebra no Centro Cultural de Paredes de Coura, ten como obxectivo reflexionar sobre a importancia que as escolas e os proxectos de educación musical poden ter na inclusión e desenvolvemento persoal e profesional, e ao mesmo tempo pretende amosar distintas perspectivas profesionais no mundo da música a xóvenes en formación.